OBXETIVO
Sufragar os gastos fixos realizados ou devengados entre o 14 de marzo de 2020 ata o 14 de marzo de 2021.
BENEFICIARIOS
Autónomos e PEMES con ata dez persoas empregadas por conta allea, que cumpran os requisitos seguintes:
— Que actividade estivese pechada durante o ano 2020/2021 debido ás medidas restritivas de protección fronte ao COVID19 ou que a actividade non estivera obrigada ao peche pero tivese unha baixada de facturación de alo-menos o 30%, comparando os datos de facturación anual do 2020 cos datos de 2019.
— Que a actividade se desenvolva dentro do termo municipal de Vilanova de Arousa.
REQUISITOS
—Ter o seu domicilio fiscal no Concello de Vilanova de Arousa.
— Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
— Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
— Non ter débeda ningunha co concello de Vilanova de Arousa.
— Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Pontevedra.
— Estar dado de alta con anterioridade á entrada en vigor do estado de alarma do 14 de marzo do 2020.
PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
Concorrencia competitiva. Esto implica que o procedemento de concesión das subvencións realízase mediante a comparación das solicitudes presentadas.
O criterio de valoración será o seguinte:
— Número de traballadores contratados por conta allea á data da declaración do primeiro estado de alarma (14.03.2020).
GASTOS SUBVENCIONABLES
601 Compra de material (Material antiséptico y desinfectante)
621 Arrendamentos
622 Reparación e conservación. Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19 (biombos de protección, etc).
625 Primas seguros Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes.
628 Subministracións Auga, gas, combustibles, electricidade e mercadorías relacionadas coa actividades.
Non se aceptan gastos pagados en efectivo.
CUANTÍA SUBVENCIONABLE
Se garante un mínimo de 50 € a cada solicitante que cumpra cos requisitos.
Unha vez deducido o importe mínimo do primeiro punto, a cantidade restante se repartirá de acordo co criterio do número de traballadores empregados.
O importe da subvención non poderá superar o importe de 1.000 €.
PLAZOS
10 DÍAS HÁBILES