BENEFICIARIOS
Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, pequenas empresas e microempresas da provincia da Coruña.
Sectores (ver epígrafes Anexo 4 da orde):
· SERVIZOS AGRÍCOLAS, GANDEIROS, FORESTAIS E PESQUEIROS
· TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA
REQUISITOS
1.Estas axudas van dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, pequenas empresas e microempresas calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, no censo de actividades económicas en calquera dos sectores de actividade relacionados no Anexo 4, e que cumpran os seguintes requisitos,:
· Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.
· Estar dadas de alta nalgún dos sectores de actividade conforme ao indicado no Anexo 4, segundo figure no seu Certificado de Situación Censual actualizado.
· Estar dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, no caso de persoas físicas.
· Non atoparse incursas en ningunha das prohibicións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Na categoría das PEME, defínese pequena empresa como unha empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
3. Na categoría das PEME, defínese microempresa como unha empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
IMPORTE
O importe a recibir terá unha contía fixa de 3.000 euros por beneficiario/a que cumpra os requisitos.
PLAZOS
Iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas, e ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28/06/2022 ás 14:00 horas.