TIPOS DE AXUDAS:
A) Primas por reconversión.
A.1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O proxecto de reconversión parcial deberá supor polo menos o 35% da actividade dos solicitantes.
A.2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.
B) Prima pola saída do sector pesqueiro.
Xubilación anticipada: consiste nunha percepción económica dunha cantidade mensual á cal terá dereito o tripulante ata que cumpra a idade legal de xubilación ordinaria, que resulta da aplicación dos coeficientes redutores previstos na normativa reguladora do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
C) Prima non renovable.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
D) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.
REQUISITOS XERAIS DOS BENEFICIARIOS:
1. Poderán ser beneficiarios os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota, que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, ou tripulantes cuxo domicilio fiscal se atope en Galicia, e que reúnan todos e cada un dos requisitos establecidos máis adiante para cada unha das medidas.
Fuente: DOGA